Nos sincrotóns conséguese acelerar partículas cargadas mantendo o raio da súa traxectoria constante grazas á utilización de campos eléctricos e magnéticos variables. Frecuentemente as partículas aceleradas son electróns que alcanzan velocidades próximas á da luz.
No ano 2011 inaugurouse en Barcelona o sincrotón ALBA, un acelerador de electróns que ten como finalidade producir luz de sincrotón que permita analizar a estrutura atómica da materia e as súas propiedades. No seguinte vídeo explícase como funciona este sincrotón:
As aplicacións de ALBA son moi diversas e baséanse no estudo de como a luz de sincrotón xerada interactúa coa mostra a estudar. Isto permite, por exemplo, entender a estrutura de proteínas, virus...etc ou analizar dispositivos de almacenamento da información, novos materiais... tal e como podes apreciar neste outro vídeo (no que ademais se adiantan algunhas cuestións relativas á luz que trataremos no próximo trimestre).
Existen outras fontes de luz sincrotón coma esta no mundo? A resposta é si. Existen unhas 30 fontes de luz de sincrotón, cuxa situación podes consultar no seguinte mapa.
Máis información en: https://www.cells.es/es/divulgacion/recursos-educativos
Ningún comentario:
Publicar un comentario