Tamén se coñece simplemente como feniletilamina (aínda que este nome pode inducir a confusión á hora de formulalo). Nas glándulas suprarrenais do noso corpo prodúcese ademais adrenalina e noradrenalina, ambas as dúas hormonas derivadas da 2-feniletanamina.
Hoxe en día sabemos que a presenza de todas estas sustancias están relacionadas coas sensacións que experimentamos cando nos namoramos. Pero... sabías que o chocolate é un alimento rico en 2-feniletanamina? Este pode ser o motivo polo que comelo nos fai sentir tan ben: xa hai quen se refire ao chocolate como a droga do amor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario