O noso YouTuber favorito, Javier Santaolalla, preséntanos de xeito tremendamente ameno e claro numerosos conceptos de física moderna nesta obra. Se che gusta a física este libro axudarache a entender o mundo que nos rodea, desde o máis pequeno ata o máis grande.
Esta obra de divulgación científica que acaba de chegar á biblioteca do IES Terra de Soneira non che deixará indiferente. As vacacións de Semana Santa pode ser un momento ideal para comezar a ler este completo libro, que ao estar estruturado en 7 capítulos independentes podes tamén optar por ler por etapas. Non te demores e pasa a reservalo canto antes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario