xoves, 10 de maio de 2018

O famoso Bosón de Higgs!

Por que algunhas partículas elementais como os fermións ou os bosóns W+, W- e Z0 teñen masa mentres que outras como os fotóns non?
O concepto de campo de Higgs explica este feito. Para entendelo mellor, adoita recorrerse a unha analoxía: cando unha persoa entra nunha festa chea de convidados vaille custar máis moverse canto máis famosa sexa: precisamente esa resistencia ao movemento está asociada á propiedade que denominamos masa. Os convidados á festa xogarían aquí o papel do campo de Higgs. E precisamente as oscilacións deste campo maniféstanse como as partículas denominadas bosóns de Higgs.
Como non podía ser doutra maneira, Javier Santaolalla explica no seguinte vídeo este concepto de forma moi gráfica.  



Ningún comentario:

Publicar un comentario