O vindeiro 11 de febreiro celébrase o Día internacional da muller e da nena na ciencia. Unha interesante proposta para homenaxear este día é a A táboa periódica das mulleres científicas de Teresa Valdés-Solís. Nela dispóñense recoñecidas mulleres científicas a modo de táboa periódica, clasificadas en base ao seu campo de coñecemento. Se premes no nome de calquera destas científicas poderás coñecer máis sobre a súa vida e traxectoria. Fíxate en que as "terras raras" son as científicas españolas.
No sitio web Naukas podes atopar máis información relativa a esta orixinal táboa periódica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario