mércores, 17 de abril de 2019

SUPERLÚA DE SANGUE

Fotografía tomada ás 21:12 por David Roget Blanco dende Vimianzo. (20/01/2019)


Nesta fotografía da lúa, tomada cun teléfono móbil poñendo o óculo da cámara a través do óculo duns prismáticos, pódese percibir a lúa chea (e moi "brillante", que xa sabemos que non ten luz propia, senón que reflexa a do sol ó incidir na súa superficie) que había antes da eclipse.



Esta eclipse da madrugada do 21 (noite do 20) de xaneiro, foi especial porque coincidiron moitos factores, "superlúa", de "sangue" e a propia eclipse.

-Chámaselle "superlúa" cando esta se atopa no perixeo (punto máis próximo) da órbita con respecto á Terra.
-Por que é de "sangue" (por que se ve vermella)? :
Representación feita por David Roget Blanco.

 DISPERSIÓN de RAYLEIGH:  É o fenómeno polo cal a luz branca procedente do sol comeza a ser absorbida e emitida polas moléculas que forman o aire. Pero non toda a luz se dispersa igual, pois canta menor lonxitude de onda (λ) teña, máis propensa é a que unha molécula a absorba e a emita (por esta razón vémos o ceo azul, pois do espectro electromagnético visible é a onda con maior frecuencia e menor lonxitude de onda. Poderiamos pensar en que o violeta debería ser a cor do ceo, pois presenta unha "λ" menor, pero os ollos humanos están feitos para ver tres cores primarias (vermello, verde e azul), polo que, ó ser máis sensible á cor azul, vémolo ceo azul). 
A dispersión fai que o azul e o verde non poidan resistirse a interactuar con algunha molécula da atmosfera, pero o vermello apenas interactúa, polo que é capaz de atravesar toda a atmosfera e, grazas á refracción ("cúrvase"), é capaz de incidir na superficie da lúa que, nese momento, se atopa completamente dentro da "sombra" (zona vermella da representación superior (ese "triángulo" que se forma chámase sombra)). 
Representación feita por David Roget Blanco. 












Representación feita por David Roget Blanco.
Nestas dúas representacións vese como a luz verde e azul (esta última en moita maior proporción) queda rebotando entre as moléculas dos gases da atmosfera, mentres que a vermella é capaz de atravesala toda e consegue chegar e rebotar na
superficie lunar.

Fotografía tomada ás 05:20 por David Roget Blanco dende Vimianzo. (21/01/2019)


Nesta fotografía, algo desenfocada por mor das continuas nubes que apareceron pola noite e que che poñían  présa indirectamente, xa se aprecia esa tonalidade vermella-alaranxada. Esa é a parte da lúa que estaba entrando no cono de sombra.   A eclipse total produciuse ás 05:39, pero comezou xa ás 04:34.                                                                                                                                                                                                         

Fotografía tomada ás 06:38 por David Roget Blanco dende Vimianzo. (21/01/2019)



Esta outra foto foi tomada só co zoom do teléfono móbil, sen axuda dos prismáticos. Malia verse pequena na foto, na realidade víase grande e as tonalidades vermellas-alaranxadas eran maxestuosas.



                                                       











Nas fotografías que obtiven, en ningunha se pode ver unha franxa azul que si saiu noutras fotografías do mundo da ciencia. Para explicalo, recurrirei a outra representación propia:

Representación feita por David Roget Blanco. 
Así é como se vía a franxa azul na lúa. A súa explicación é a CAPA DE OZONO. De feito, a anchura desa franxa é a propia anchura da capa de ozono! Isto débese a que a capa de ozono retén a luz vermella e verde, pero deixa pasar a azul, polo que rebota na súa superficie e chega ata nós. Aquí está a súa representación:

Representación feita por David Roget Blanco. 


Máis este día non foi só especial pola eclipse, senón tamén porque pola mañá apareceron Venus e Xúpiter, case aliñados! Pero Xúpiter atópase afastado uns 780 millóns de quilómetros de Venus.

E non rematan aquí as sorpresas. Ademais da conxunción de Venus e Xúpiter, tamén se pode ver a Alpha Scorpii "preto" deles!  α Scorpii (ou "Antares") é a estrela máis brillante da constelación de Scorpius, e a 15ª de todo o ceo nocturno. 

Fotografía tomada ás 07:13 por David Roget Blanco dende Vimianzo. (21/01/2019)


Fotografía tomada ás 07:13 por David Roget Blanco dende Vimianzo. (21/03/2019)



Este é o resumo e explicación deste fenómeno chamado, de forma informal: 



ECLIPSE DE SUPERLÚA DE SANGUE






Traballo realizado por David Roget Blanco.



Ningún comentario:

Publicar un comentario