Este curso o alumnado de 3º ESO elaborou xabón a partir de aceite de fritura usado.
Na fotografía o xabón atópase xa desmoldado e en pleno proceso de curado.
No 2º trimestre, despois de estudar a formulación e nomenclatura química -que
finalizou cos compostos hidróxidos- fomos ao laboratorio a preparar unha disolución de
hidróxido de sodio (sosa caústica) dunha concentración indicada á que lle engadimos unha determinada masa de
aceite usado para observar como tiña lugar a reacción de saponificación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario