Na imaxe pode observarse a representación do dobre enlace na molécula de eteno: CH2=CH2 segundo o modelo de hibridación de orbitais.
Cada átomo de carbono ten 3 orbitais híbridos sp2 (azul escuro), con un electrón cada un, dispostos nun plano formando 120º e un orbital p (azul claro) en dirección perpendicular tamén con un electrón. Por solapamento frontal dun orbital híbrido sp2 de cada carbono fórmase un enlace σ e por solapamento lateral do orbital p de cada carbono fórmase un enlace Π (representado coas dúas bandas de goma).
Cada un dos outros dous orbitais híbridos sp2 de cada carbono semiocupados solaparíanse, tamén frontalmente, cun orbital s dun átomo de hidróxeno semiocupado (falta por representar na imaxe) formando un enlace σ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario