venres, 1 de decembro de 2017

Sex Invaders

Hoxe conmemórase o día mundial contra a SIDA. O informe da Consellería de Sanidade indica que nos últimos anos estase a apreciar unha diminución da incidencia desta enfermidade en Galicia. As relacións sexuais non seguras son a principal vía de transmisión do virus: o 77% dos casos rexistrados por nova infección produciuse a causa das relacións sexuais non protexidas e o 17% débese a compartir material de inxección entre os usuarios de drogas inxectables.

Como parte da campaña de concienciación Sex Invaders da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia os titores do IES Terra de Soneira repartirmos ao alumnado os folletos, pegatinas e bolígrafos que xa tendes nas vosas mans. Este é o lugar de Facebook da campaña Sex Invaders no que podes atopar información ao respecto da transmisión do VIH e outras enfermidades de transmisión sexual:

https://www.facebook.com/sexinvaders/

https://www.facebook.com/sexinvaders/


Precisamente o curso pasado o catedrático de electromagnetismo da USC e recoñecido divulgador científico Jorge Mira impartía unha interesante charla no noso centro onde nos falaba -entre outras cuestións- de medidas que axudan a previr a transmisión de virus como o do papiloma humano -causante ademais de varios cancros-.

Ningún comentario:

Publicar un comentario