mércores, 15 de novembro de 2017

Observando o comportamento das biomoléculas

Para entender o funcionamento dos seres vivos e poder desenvolver terapias adecuadas contra as posibles enfermidades resulta esencial estudar as moléculas que os forman: as denominadas biomoléculas.

Precisamente o Premio Nobel de Química deste ano 2017 foi outorgado a tres científicos de orixe europea (Jacques Dubochet e Richard Henderson e Joachin Frank) por desenvolver unha técnica que permite ver con alta resolución a estrutura de biomoléculas en solución. A citada técnica denomínase criomicroscopía electrónica e consiste na observación cun microscopio que emprega feixes de electróns no canto de luz e, por outra banda, baixas temperaturas, o que permite conxelar as biomoléculas en movemento e facerlles unha foto cunha resolución atómica.

Para saber máis sobre a etimoloxía da expresión criomicroscopía electrónica visita o Portal das Palabras



Ningún comentario:

Publicar un comentario