luns, 15 de xaneiro de 2018

Desentrañando o misterio da coca-cola autoconxelable

Baixo determinadas condicións podemos conseguir que ao enfriar unha mestura (como é neste caso unha bebida que contén CO2) permaneza en estado líquido aínda por debaixo do seu punto de conxelación. Dicimos que dita bebida está subenfriada. Este estado é moi pouco estable por iso, ante a mínima perturbación, evolucionará cara a formación dos cristais sólidos.



No caso da auga o subenfriamento favorécese cando esta non ten impurezas. Isto é debido a que as impurezas actúan como núcleos que favorecen o crecemento dos cristais de xeo. Podemos así chegar a ter auga en estado líquido por debaixo de 0ºC, pero  de novo esta situación é pouco estable por iso ante a mínima perturbación (un golpe ou achegando un anaco de xeo) producirase o paso ao estado sólido -que é o estado físico que lle corresponde a esa temperatura-.



Ningún comentario:

Publicar un comentario