Segundo a proporción de carbono existente, os materiais ferrosos poden clasificarse en:
-Ferros: Produtos ferrosos cun contido en carbono entre o 0,01% e o 0,03% (en masa).
-Aceiros: Aleacións ferro-carbono cun contido en carbono entre o 0,03% e o 1,76% (en masa). Pode conter outros elementos químicos.
-Fundicións: Aleacións ferro-carbono cun contido en carbono entre o 1,76% e o 6,67% (en masa). Pode conter tamén outros elementos químicos.
Recorda que unha aleación é unha mestura de dous ou máis metais (ou dun metal e un non metal) cando se atopan a unha temperatura superior á de fusión. Unha vez solidificado, o produto conserva as súas propiedades metálicas.
O comportamento das aleacións ferro-carbono coa temperatura depende do seu respectivo contido en carbono, representándose mediante o coñecido diagrama de fases Fe-C:
Seguro que este diagrama o coñecedes (ou acabaredes coñecéndoo) ben os alumnos/as que cursades a materia de Tecnoloxía Industrial I. Del pode extraerse moita e variada información: por exemplo a temperatura de fusión máis baixa dunha aleación de ferro-carbono (1130ºC) corresponde a aquela que posúe un contido en carbono do 4,3%. Así mesmo pode apreciarse que a estrutura de cristalización do material ferroso depende do intervalo de temperaturas no que se atope.
Ningún comentario:
Publicar un comentario