sábado, 7 de abril de 2018

A clave secreta do universo

O pasado 14 de marzo falecía o coñecido físico británico Stephen Hawking. Entre os seus últimos libros de divulgación (2007) atópase La clave secreta del universo, escrito xunto coa súa filla Lucy Hawking, e presentado na súa visita a Santiago de Compostela no ano 2008 con motivo de ter recibido o I Premio Fonseca.


Este libro de doada lectura, dispoñible na biblioteca do IES Terra de Soneira, permitirache a través dunha amena historia de ficción achegarte un pouco máis á estrutura do universo e á dos seus compoñentes: planetas, estrelas e....buratos negros!

Ningún comentario:

Publicar un comentario