Podemos atopar simulacións de movementos parabólicos (tiro horizontal e tiro oblicuo) en diferentes sitios web -como o que vimos na anterior entrada- pero unha simulación particularmente interesante é a que nos ofrece a Universidade de Colorado, xa que nos permite ver a influencia non só da velocidade inicial ou do ángulo, senón comprobar se factores como a masa ou o tamaño do móbil, a aceleración da gravidade ou a resistencia do aire teñen algunha influencia sobre a traxectoria descrita. A que agardas para experimentar con ela?
Fonte: PhET Interactive Simulations
Ningún comentario:
Publicar un comentario