Os Campus Científicos de Verán 2019 están dirixidos a alumm@s de 4º ESO e 1º Bacharelato que queiran iniciarse como investigadores dentro dunha contorna universitaria. Haberá 4 turnos de participación -entre o 30 de xuño e o 27 de xullo de 2019- para estancias de 7 días en diferentes Campus de Excelencia do territorio nacional. Agardamos que as universidades de Santiago de Compostela e Vigo sigan a ofertar os interesantes proxectos das pasadas edicións!
Esta xa é a décima edición dos Campus Científicos de Verán organizados
pola FECYT e o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Como
novidade nesta edición 20 estudantes de 4º ESO poderán realizar unha estancia no
Programa High-School Students Internship do CERN en Xenebra (Suiza).
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 19 de marzo e remata o 1 de abril. Podes consultar máis información sobre os requisitos dos participantes e a dotación das axudas aquí.
Será esta a oportunidade para descubrir a túa verdadeira vocación científica?
Será esta a oportunidade para descubrir a túa verdadeira vocación científica?
Ningún comentario:
Publicar un comentario