O presente curso académico 2019/2020 o IES Terra de Soneira foi un dos centros seleccionados para participar na sétima edición das xornadas A investigación en Química: ciencia creativa para un mundo mellor do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da USC.
Fonte: CIQUS
Ademais de recibir información sobre as
principais liñas de traballo que se desenvolven no centro e os estudos
de Química, os estudantes tiveron a oportunidade de observar e realizar diversas experiencias nos seus
laboratorios, como foi a síntese de paracetamol. Así mesmo efectuaron unha visita guiada polas instalacións que albergan
sofisticados equipos para a análise de compostos químicos (espectroscopía, cromatografía...) e a manipulación en condicións
especiais dos mesmos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario